Venres, 1 abril, 2022
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, achega información sobre o proceso de acollemento e de boas prácticas a seguir coas persoas refuxiadas de orixe ucraína que cheguen a Ames.
O persoal do departamento municipal de Benestar Social realizou unha xuntanza informativa sobre o acollemento e as boas prácticas a seguir coas persoas refuxiadas de orixe ucraína que cheguen a Ames. Á reunión que tivo lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, tivo moi boa acollida entre a veciñanza amesá e moitas persoas mostraron interese en colaborar dende Ames. Por iso dende o Concello achégase un documento con información para desprazados ucraínos en España e unha guía sobre a crise humanitaria en Ucraína.
Descargas:




