Pestanas principais

Hoxe, xoves 31 de xullo, reabre a piscina municipal do Milladoiro

Xoves, 31 xullo, 2025
O Concello de Ames informa de que hoxe, xoves 31 de xullo, a partir das 11.00 horas, reabre a piscina municipal do Milladoiro. A instalación permaneceu pechada desde o pasado día 15 debido aos problemas que se detectaron co desprendemento do liner da piscina. As obras de reparación non supuxeron ningún custo extra para as arcas municipais xa que dita obra estaba en período de garantía.