Pestanas principais

Horarios de recollida do comedor escolar no curso 2021/2022

Martes, 7 setembro, 2021
A concellaría de eduación pon en coñecemento dos usuarios de comedor do curso 2021/2022 que foron publicado na web Concilia Ames os horarios de recollida dos nenos e nenas do comedor escolar para o curso 2021/2022. Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo en cada un dos colexios.

A solicitude destes horarios deberase facer a través da web Concilia Ames premendo no botón “cambio horario de recollida en comedor”. Para modificar ou solicitar o horario de recollida dos nenos e nenas no servizo de comedor escolar, deberase solicitar premendo no enlace correspondente ao colexio.

Estes horarios establécense ca finalidade de que os grupos burbulla non se mesturen entre si, motivo polo que se deberá acoller a un dos horarios de recollida dos que hai estipulado para cada curso concreto.

Dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertenezcan a un determinado curso salvo que se trate de necesidades médicas/terapéuticas debidamente acreditadas. Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o día da semana de que se trate.

Os cambios nos horarios de recollida terán como único requisito de que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados telefonicamente á coordinadora do servizo.