Venres, 9 outubro, 2026
- Tematica
Con motivo da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais, que terán lugar o próximo día 29 de novembro de 2026, o Concello de Ames expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 12 ao 19 de outubro, ambos inclusive. O servizo de consulta e reclamación realizarase presentando o DNI ou permiso de conducir por parte da persoa interesada.
Para máis información consultar o bando municipal sobre a exposición pública do censo electoral polas eleccións ás Cortes Xerais de 2026.
Descargas:




