Pestanas principais

Exposición de cabazas de Samaín elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín

Xoves, 26 outubro, 2023
As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o martes 31 de outubro, pola tarde, ata o venres 3 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro.

Ademais, o sábado 28 de outubro, ás 17.30 horas, haberá un obradoiro de Samaín. Para dispor de máis información e para tramitar as inscricións no obradoiro pódese acceder á páxina web da ANPA de Ventín.

Estas actividades enmárcanse dentro do programa Encontros de Familias do CEP de Ventín. A exposición e mailo obradoiro están organizados polo CEP de Ventín, a ANPA As Brañas de Ventín e contan coa colaboración do Concello de Ames.

Multimedia