Pestanas principais

Está aberto o prazo para participar na XIV edición do Proxecto Ríos

martes, 21 Setembro, 2021 a domingo, 26 Setembro, 2021
A Asociación Adega, en colaboración coa Aula da Natureza de Ames, convoca á veciñanza a participar na “XIV Limpeza Simultánea de Rios” que terá lugar o domingo, 26 de setembro. O punto de encontro será ás 10:30 horas na praza do Concello en Bertamiráns.

Co obxectivo de facilitar aos/ás asistentes un seguro, os interesados/as deben enviar un e-mail a auladanatureza@concellodeames.gal, indicando o nome completo e o D.N.I.
Dependendo do número de voluntarios e voluntarias que se apunten, actuarase sobre distintos tramos de varios dos ríos que pasan polo territorio municipal.