Pestanas principais

Esgótanse as prazas para participar no obradoiro Cantar, Contar e xogar impartido por Bea Campos de Migallas Teatro

Martes, 13 abril, 2021
Dende o departamento de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas as prazas para participar no obradoiro Cantar, Contar e xogar, impartido por Bea Campos de Migallas Teatro, que se enmarca dentro do programa Apego. Trátase dun obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos con música en directo.

O Servizo de Normalización Lingüística, a través do programa Apego, trae ata o Concello de Ames a actividade Cantar, Contar e xogar. Trátase dun obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos, con música en directo, e no que ademais de pasalo xenial daranse a coñecer unha chea de recursos educativos e de lecer que enriquecerán e alegrarán a crianza. Esta actividade está impartida por Bea Campos, de Migallas Teatro. Será na Casa da Cultura do Milladoiro o martes, 20 de abril, ás 18.00 horas.

Multimedia