Pestanas principais

Esgotadas as prazas para o concerto da Banda dos Insectos, incluído no programa Apego, deste venres

Luns, 6 outubro, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar no concerto da Banda dos Insectos que se vai celebrar este venres, 12 de setembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo está a presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar á rapazada cos valores cooperativos e co deporte.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Multimedia