Pestanas principais

Esgotadas as prazas para “Contos en familia”

Luns, 17 abril, 2023
O Servizo de Normalización Lingüística informa de que xa están esgotadas as prazas para participar na actividade “Contos en familia”, do programa Apego. Co aforo xa completo, Cris de Caldas e Xabi do Camiño achegaranlle ás familias inscritas contos, música e libros esenciais para tratar temas claves na crianza. A actividade terá lugar este venres, 21 de abril, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 18:00 horas.

Multimedia