Pestanas principais

Esgotadas as prazas no Apego de Ames para "Casa, casiña, casona"

Mércores, 17 novembro, 2021
Xa non quedan prazas para participar en "Casa, casiña, casona", un espéctaculo da artista e contadora Marta Ortiz. A alta demanda para asistir á actividade, unha viaxe pensada para sorprender ás crianzas de 0 a 6 anos e para darlle recursos a nais e pais a través de poemas, arrolos e cantos, obrigara orixinalmente a programar dúas sesións para o próximo mércores 24 de novembro. Finalmente e co aforo xa completado, o espectáculo terá lugar nese día ás 17:00 e ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Multimedia