Pestanas principais

Esgotadas as prazas do Trouleando do mes de xuño

Mércores, 15 xuño, 2022
A Concellaría de Mocidade informa que as prazas para participar no Trouleando do martes 28 de xuño que propoñía unha refrescante xornada no aquapark de Cerced están esgotadas. As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o 15 e o 18 de xuño. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

O aquapark de Cerceda é un parque acuático que dispón dunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. A actividade terá lugar o martes 28 de xuño.

O autobús sairá ás 10.30h dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e ás 10.45h dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participantes estarán de volta ás 21.15h no Milladoiro e as 21.30h en Bertamiráns.

Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar 50, máscara e roupa de recambio. Ademais deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.