Avisos
Venres, 15 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 15 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 13 setembro, 2023
A Escola Municipal de Música (EMMA) informa de que conta con prazas libres para as disciplinas de música e movemento e de frauta traveseira no curso 2023-2024, tras rematar o período de inscrición extraordinario o pasado luns, 11 de setembro. As persoas que aínda estean interesadas en participar nalgunha destas modalidades poderán anotarse ao longo do curso, cubrindo a ficha para anotarse e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello.
Martes, 12 setembro, 2023
O Concello de Ames organiza máis actividades do programa Ames Emprega e Integra. Desta volta trátase de cursos sobre o deseño e montaxe de instalacións fotovoltaicas e térmicas e para empregados/as domésticos. Estas formacións impartiranse no no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova e nas instalacións de FORGA (no polígono de Novo Milladoiro).
Luns, 11 setembro, 2023
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) informa de que as súas clases darán inicio o venres 15 de setembro. O alumnado comezará no día e hora que xa ten establecidos. Calquera dúbida ao respecto pode ser consultada a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Dende a EMMA lémbrase tamén que o alumnado deberá ter descargada a aplicación TokApp, a través da que se enviarán información e avisos. No arquivo anexo pódense consultar as indicacións de descarga da aplicación.
Venres, 8 setembro, 2023
Este venres, 8 de setembro, está previsto que se realice un corte de tráfico na aldea Tarrío, na localización e sañalización que se indican no documento axunto a este aviso. O corte durará 3 días e só afecta a unha vivenda. A veciñanza poderá, sempre que as obras o permitan, situarse o máis preto posible desta vivenda. Os traballos forman parte do Proxeco de Protección Acústica do Eixe Atlántico de Alta Velocidade do tramo Padrón - A Coruña, cuxo promotor é ADIF.
Venres, 8 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 8 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 8 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, informa de que o Día do Deporte, que ía ter lugar este sábado, 9 de setembro, queda adiado pola previsión meteorolóxica, posto que se agardan choivas para a xornada. Anunciarase unha nova data de celebración proximamente.
Xoves, 7 setembro, 2023
Tras abrir un período de renovación de matrícula e de novas altas, a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), fai públicas as prazas que aínda quedan libres de cara ao vindeiro curso 2023-2024. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro luns, 11 de setembro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada en rexistro. O alumnado que obteña a praza será contactado e poderá formalizar a súa matrícula ata o 14 de setembro.
- ‹ anterior
- 47 de 136
- seguinte ›