Pestanas principais

Posible devolución do importe das cotas das Escolas municipais deportivas e culturais do Concello

Luns, 2 novembro, 2020
Diante das circunstancias actuais, condicionadas pola normativa actual e a evolución da pandemia da COVID-19, e en relación coas Escolas municipais culturais e deportivas, as Concellarías de Cultura e Deportes informan que tendo en conta que o pasado 19 de outubro de 2020 se acordou aprazar o comezo das Escolas municipais culturais e deportivas ata a data na que fose posible comenzar as clases, considérase preciso articular un sistema para proceder a devolución daquelas autoliquidacións xa abonadas no momento da inscrición.

Establécense dúas opcións:

1.-Por unha banda aquelas persoas que teñan decidido que NON VAN A PARTICIPAR NAS ESCOLAS DE AMES NO CURSO 2020/2021, poderán solicitar a devolución das cantidades abonadas dende este momento a través do Rexistro Xeral (ben na Sede electrónica ou de xeito presencial solicitando cita previa).Esta opción implica a perda da praza para este curso.

2.-Aquelas persoas usuarias que decidan agardar ao comenzo das escolas (a día de hoxe e debido a situación actual, non hai data prevista) poderán solicitar a devolución da cantidade proporcional polos meses non desfrutados unha vez que se recupere a actividade nas Escolas.

*As persoas que soliciten a devolución das cotas por rexistro deben achegar un certificado de conta da persoa que fixo o ingreso.