Pestanas principais

Dende o 16 de novembro estará prohibido estacionar nunha parte da avenida da Peregrina

Luns, 14 novembro, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que dende este mércores, 16 de novembro, estará prohibido estacionar nunha parte da avenida da Peregrina que se pode ver nas imaxes que se axuntan xunto a este aviso (zona marcada en vermello). Dita prohibición é debido ás obras que se estñan executando para crear o carreiro escolar que discorrerá dende a avenida da Maía ata o acceso ao CEIP da Maía e ao IES de Ames, en Bertamiráns.

Debido a ditas obras tamén se modificou a sinalización horizontal da estrada estrada AC-544, habilitando novos carrís de circulación con liñas pintadas en cor amarela, polo que se recomenda circular con precaución por esta zona xa que se están executando obras.

Multimedia