Pestanas principais

DATOS OFICIAIS COVID-19: 44 casos activos no concello de Ames

Venres, 7 maio, 2021
O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Consellería de Sanidade durante os últimos días houbo un incremento de casos Covid-19. Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos mentres que, a incidencia acumulada a 14 días, é de 86 casos.

O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Consellería de Sanidade durante os últimos días houbo un incremento de casos Covid-19. Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos mentres que, a incidencia acumulada a 14 días, é de 86 casos. Lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor.

Estes datos provocan que Ames dende o día 9 de maio pase a estar en nivel medio de restricións. Isto implica que os aforamentos redúcense na hostalería ata o 30% no interior dos locais e á metade da capacidade nas terrazas. Para detectar casos asintomáticos por Covid-19 vaise a face un cribado este sábado, 8 e domingo 9 de maio no Milladoiro a persoas de 41 a 50 anos.

Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.