Pestanas principais

Cubertas as prazas para a Foliada con Apego

Martes, 4 maio, 2021
Non quedan entradas para a nova Foliada con Apego que se celebrará no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns o próximo venres 7 de maio. A partir das 18.00 horas, as persoas asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas. Quen teña instrumentos tradicionais poderá levalos e usalos. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade ou para calquera outra persoa interesada.

O programa Apego organiza neste mes de maio unha nova foliada no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk, esta actividade é un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso.

Se algunha das persoas interesadas toca algún instrumento tradicional, pode levalo á foliada para acompañar e compartir a súa música co resto das persoas asistentes. A actividade, que é de balde, ten prazas limitadas e está destinada a familias con nenos e nenas sen límite de idade ou a calquera outra persoa interesada á que lle preste cantar e bailar.