Venres, 9 xuño, 2023
- Tematica
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o martes, 13 de xuño, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
• Aldeas de Casanova e Raíces (de 1:00 a 3:00 horas): aldeas de Casanova e Raíces, ambas pertencentes á parroquia de Biduído.