Luns, 4 agosto, 2025
- Tematica
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 5 agosto en varias rúas de Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
Bertamiráns, martes 5 de agosto:
• Bertamiráns: rúa Entrerríos Nº1, rúa Muíño Nº8 (de 0:00 a 3:00 horas).
• Bertamiráns: rúa Entrerríos Nº12 (de 4:00 a 7:00 horas).




