Pestanas principais

Cortes programados no subministro da rede eléctrica os días 15 e 16 de outubro no Milladoiro

Martes, 13 outubro, 2026
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 15 e 16 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

O Milladoiro, xoves 15 de outubro, de 4.00 a 7.00 horas:
-Avenida de Rosalía de Castro: números 13, 15.
-Rúa do Rego: número 6. 

O Milladoiro, venres 16 de outubro, de 3.00 a 6.00 horas:
-Rúa Agro da Madalena: números 6, 14, 17, 18, 22, 24.
-Rúa da Madalena: números 8, 15.
-Rúa Nova: números 2, 5, 11.
-Praza do Porto: números: 1, 4000.
-Travesía do Porto: números 8, 12, 9000, 9001, 9019, 9900, 9999.