Xoves, 15 maio, 2025
- Tematica
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante varias horas do 16 de maio en varias rúas de Bertamiráns e na aldea de Lapido, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
• Lugar de Lapido: números 2, 6, 35, 37, 39, 41, 43, 45 e 47 (de 4:30 a 7:30 horas).
• Bertamiráns, avenida da Maía: números 6, 9, 11, 13, 14, 15 e 16 (de 0:00 a 4:00 horas).
• Bertamiráns, praza de Chavián: números 1 e 2 (de 1:30 a 4:30 horas).
• Bertamiráns, travesía do Pedregal: número 5 (de 2:30 a 5:30 horas).
• Bertamiráns, rúa Poeta da Maía, números 1, 3, 5, 14 e 16; e na praza de Chavián, números 1 e 3 (de 3:30 a 6:30 horas).