Pestanas principais

Cortes programados no subministro da rede eléctrica o día 12 de agosto en Bertamiráns

Luns, 11 agosto, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 12 agosto en varias rúas de Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

Bertamiráns, martes 12 de agosto:
• Bertamiráns: rúa Xesteira números 21, 23, 25 e 27 (de 4:00 a 7:00 horas).
• Bertamiráns: Avenida da Maía números 30, 32, 34, 36, 38 e 40; Travesía Fontaldeiro números 1 e 2 (de 2:00 a 5:00 horas).
• Bertamiráns: Avenida da Maía números 68, 70, 78 e 82; rúa do Ameneiral nº18; Lugar Aldea Bertamiráns Nº76; Praza do Concello Nº5 (de 1:00 a 4:00)