Pestanas principais

Cortes e prohibicións nos arredores da Casa do Concello, en Bertamiráns, pola celebración da XXI Carreira pedestre popular Concello de Ames

Xoves, 20 outubro, 2022
Con motivo da celebración da XXI Carreira pedestre popular Concello de Ames e do campionato de Galicia de 10 KM en ruta 2022, que se vai celebrar este domingo, 23 de outubro de 2022, nos arredores da Casa do Concello, en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).

INFÓRMASE:
-Que estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 23 de outubro, dende as 00:00 ata as 15:00 horas.
-Que afectará con cortes de tráfico ás seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira:
Dende as 8:00 ata 15:00 horas: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña (estrada DP-0205 ata rotonda do Agro do Muíño) quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, rúa Entrerríos, rúa Agrelo, rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.

RECOMÉNDASE: Evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara a Padrón.

Multimedia