Pestanas principais

Cortes de tráfico en Bertamiráns debido á celebración da Carreira Ciclista do Pavo

Martes, 7 decembro, 2021
Con motivo da celebración da XIV carreira ciclista do pavo, que se celebra o domingo, 12 de decembro de 2021, nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada carreira.

Ditos cortes de tráfico produciranse en horario de 11.45 a 13.00 horas na avenida da Maía (dende a rotonda principal ata a estrada de Lapido), na estrada de Lapido, no camiño de Paraxó e na rúa das Pesqueiras.

Recoméndase evitar as vías mencionadas, na medida do posible, e utilizar a AG-56 e desvíos alternativos, así como ter en conta o uso dos garaxes afectados polas vías mencionadas durante dito horario.

Multimedia