Pestanas principais

Cortes de tráfico en Bertamiráns con motivo da celebración da XVIII Carreira Ciclista do Pavo

Xoves, 18 decembro, 2025
Con motivo da celebración da XVIII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebra este domingo, 21 de decembro de 2025, nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada carreira.

Ditos cortes de tráfico produciranse en horario de 11.45 a 13.30 horas na avenida da Maía (dende a rotonda principal ata a estrada de Lapido), na estrada de Lapido, no camiño de Paraxó e na rúa das Pesqueiras.

Ademais, veranse afectadas as paradas de autobús no tramo da avenida da Maía por onde transcorre a proba en horario das 11:45 ás 13:30 horas.

Recoméndase evitar as vías mencionadas, na medida do posible, e utilizar a AG-56 e desvíos alternativos, así como ter en conta o uso dos garaxes afectados polas vías mencionadas durante dito horario.

Multimedia