Pestanas principais

Cortes de tráfico en Bertamiráns con motivo da celebración da Carreira Ciclista do Pavo

Martes, 13 decembro, 2022
Con motivo da celebración da XV Carreira Ciclista do Pavo, que se celebra este domingo, 18 de decembro de 2022, nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada carreira.

Ditos cortes de tráfico produciranse en horario de 11.45 a 13.00 horas na avenida da Maía (dende a rotonda principal ata a estrada de Lapido), na estrada de Lapido, no camiño Paraxó e na rúa das Pesqueiras.

Recoméndase evitar as vías mencionadas, na medida do posible, e utilizar a AG-56 e desvíos alternativos, así como ter en conta o uso dos garaxes afectados polas vías mencionadas durante dito horario.