Pestanas principais

Corrección de erros nas Bases Xerais e Específicas de estabilización de emprego temporal do Concello de Ames

Martes, 10 xaneiro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a corrección de erros publicada no BOP das bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022.

Dita corrección, publicada no Boletín Oficial da Provincia do 4 de xaneiro 2023, xa se pode consultar na sección de Procesos selectivos da web municipal.