Pestanas principais

Convócase unha bolsa de formación FEUGA no departamento de Comunicación do Concello de Ames

Martes, 14 xullo, 2026
O Concello de Ames convoca unha bolsa de formación FEUGA para realizar prácticas formativas no departamento de Comunicación do Concello de Ames titorizadas polo persoal técnico municipal. A bolsa terá unha duración de 12 meses e está dirixida a persoas graduadas en xornalismo. O proceso selectivo realizarase a comezos do vindeiro mes de setembro. A bolsa está previsto que comece o 24 de setembro.

Para participar nesta convocatoria cómpre darse de alta na plataforma de FEUGA (no caso de non estar) e inscribirse na dita oferta. Premendo nesta ligazón pódese acceder á oferta. As persoas inscritas participaran nun pequeno proceso de selección a través do que se determinará o candidato/a seleccionado. 

O/a candidato/a debe ter coñecementos de redacción, de xestión de redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram), de Telegram e WhatsApp, e de programas de edición de imaxes. Os obxectivos formativos son aprender a redactar novas e contidos para a web; tratar con outros medios; xestionar as redes sociais; traballar con xestores de contidos dixitais; e o funcionamento básico dun Concello.