Pestanas principais

Convenio do Concello de Ames coa Consellaría de Medio Rural para a prevención e defensa dos incendios forestais

Luns, 11 agosto, 2025
O Concello de Ames procedeu á firma dun convenio de colaboración interadministrativo subscrito entre a Consellaría de Medio rural e as entidades locais para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2025-26, cofinanciado parcialmente con fondos FEADER no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria (PEPAC) 2023/2027. Levarase a cabo a realización de tratamentos silvícolas preventivos nas vías e camiños de titularidade municipal na época estival, que consistirán en actuacións mecanizadas mediante rozas co obxecto de disminuir a carga combustible.

Título do proxecto: Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de AMES para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027

Prazo de execución: 2025-2026

Promotor: Concello de AMES

Orzamento: 61.600,00 €

Axuda pública: 49.280,00 €

Cofinanciamento UE: 80%