- Tematica
A inscrición xa está aberta no enderezo electrónico con.sentido@agasex.org, enviando cumprimentada a seguinte ficha de inscrición.
Métodos anticonceptivos
¿Cantos métodos existen hoxe en día no mercado? ¿Onde se poden conseguir? ¿Como funcionan? ¿Que efectos secundarios teñen? ¿Contra que me protexen? ¿A quen van dirixidos? Estas e outras moitas cuestións atoparán resposta neste obradoiro que se desenvolverá este sábado 23 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Elaboración dunha vulva-puff
O obradoiro consistirá na elaboración dun puff con forma de vulva, co obxectivo de abrir debate e cuestionar as ideas preconcibidas e estereotipos que o grupo asistente poida ter sobre os xenitais, ademais de impulsar unha reflexión sobre a concepción e os estereotipos da sexualidade. O taller terá lugar na tarde deste sábado 23 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, dende as 16:00 ata as 20:00 horas.





