Pestanas principais

Comunicado sobre o mantemento da suspensión da actividade nas escolas infantís municipais e da Rede Galiña Azul

Luns, 8 xuño, 2020
Dende a Concellaría de Educación informan de que seguindo instrucións da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, comunícase que as escolas infantís municipais EIM O Bosque e EIM A Madalena, así como as escolas infantís da Rede Galiña Azul EIM Bertamiráns e EIM Figueiras-Milladoiro non poderán retomar a súa actividade lectiva ata setembro, co inicio do curso 2020/2021.

Así mesmo, infórmase de que nos vindeiros días a Xunta de Galicia informará polo miúdo das axudas para cubrir a atención domiciliaria, así como dos protocolos que serán de aplicación no próximo curso escolar 2020/2021.