Pestanas principais

Comezan as obras dunha nova subfase da améndoa central de Bertamiráns

Mércores, 28 xuño, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que o xoves 29 de xuño procederase ao seguinte:

(as indicacións corresponden coa imaxe que está ao pé deste aviso)

-Na zona sinalada en cor amarela, prohibirase o estacionamento de vehículos, dita zona está entre os números 2 e 6 da rúa Alcalde Lorenzo.

-A parada de taxis situarase na praza do Concello, tanto os taxis como o garaxe sito no número 1 de dita praza terán saída en dirección á rúa Ameneiral.

-Na zona sinalada en cor vermello na rúa Ameneiral, prohibirase o estacionamento para que poidan saír os vehículos do garaxe da praza e os taxis.

-Os contedores (agás vidro e cartón) trasladaranse á praza da Maía, sinalada cunha estrela en cor morado. Os contedores de vidro e cartón situaranse na zona sinalada cunha estrela en cor laranxa.

-Na zona sinalada en cor verde na Travesía da Peregrina, prohibirase a circulación en tanto se executen as obras, agás os garaxes de dita rúa que ata novo aviso non estarán
afectados.

Haberá sinalización de obra indicando os desvíos alternativos ou restricións de tráfico.

Multimedia