Pestanas principais

Comezan as obras dunha nova subfase da améndoa central de Bertamiráns

Venres, 9 xuño, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que o próximo día 12 de xuño procederase ao seguinte:

(as indicacións corresponden coa imaxe que está ao pé deste aviso)

-Na zona sinalada en cor vermello na Travesía da Peregrina, prohibirase o aparcamento de vehículos. Os garaxes e os peóns non se verán afectados.

-Na rotonda sinalada en cor laranxa, os vehículos que veñan desde Santiago ou desde a Avenida da Peregrina e queiran ir á Rúa Alcalde Lorenzo xirarán na rotonda para ir dirección á Rua Pesqueiras na dirección Osebe-Ortoño.

-Os vehículos que veñan desde Brión pola Avenida da Maía, poderán xirar á dereita cara a Rúa Alcalde Lorenzo.

-Os vehículos que dende a Rúa Alcalde Lorenzo accedan a Avenida da Maía non poderán facer o xiro a esquerda dirección Brión, o xiro á dereita dirección Santiago estará permitido.

-Vanse facer obras na beirarrúa que está situada entre as Rúas Alcalde Lorenzo e Ameneiral, dándose acceso aos negocios.

-Na avenida da Maía poderase circular nos dous sentidos con precaución dado que haberá distinta cota ou nivel entre ámbolos dous carrís nas zonas sinaladas en cor azul e amarelo.

-Os vehículos pesados non poderán acceder dende a rotonda do CEIP Agro do Muíño e tampouco poderán usar os desvíos interiores que se sinalicen.

Haberá sinalización de obra indicando os desvíos alternativos ou restricións de tráfico.

Multimedia