Pestanas principais

Comezan as inscricións para o contacontos "Bruxas, xigantes e galiñas", en Bertamiráns

Mércores, 1 decembro, 2021
“Bruxas, xigantes e galiñas” é a nova proposta de narrativa oral das bibliotecas de Ames para este mes de decembro. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, estará en Bertamiráns os días 14, 15 e 16, a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto para as sesións na biblioteca de Bertamiráns, dende este mércores 1 ata o 11 de decembro, chamando ao 981 88 48 29 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

Multimedia