Pestanas principais

Consulta os borradores coas bases das convocatorias de axudas para ANPAS, familias numerosas, material escolar, asociacións culturais e deportivas e para a promoción de festas populares

Mércores, 27 maio, 2020
A efectos informativos, o Concello de Ames publica o borrador das bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por Anpas dos centros educativos amesás, asociacións culturais e deportivas e para a promoción de festas populares. Os prazos de presentación de solicitudes están suspendidos e, unha vez finalice a situación de estado de alarma e se reanuden os prazos administrativos, publicaranse no BOP e abrirase o prazo correspondente de presentación de solicitudes.

Para calquera consulta, os interesados/as poden poñerse en contacto cos diferentes departamentos, a través do teléfono ou correo electrónico:

Departamento de Cultura: 662377444 - cultura@concellodeames.gal

Departamento de Deportes: 619842504 - deportes@concellodeames.gal

Departamento de Educación: 981891476 - 648007056 - educacion@concellodeames.gal

Departamento de Servizos Sociais: 981 890 964 (Bertamiráns) e 981 535 941 (O Milladoiro). Chamada gratuíta 900 101 569 (Bertamiráns) e 900 103 704 (O Milladoiro). Enderezos de correo electrónico: servizos_sociaisberta@concellodeames.gal e servizos_sociaismilla@concellodeames.gal.