Pestanas principais

Axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea das persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VII

Venres, 20 xuño, 2025
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VII. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 10.500 euros. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo de vinte días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 21 ao 10 de xullo de 2025.

O obradoiro dual Renova VII é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión.

Os incentivos teñen como finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro dual de emprego Renova VII. No obradoiro de emprego dual Renova VII impártese a formación do Certificado de profesionalidade ENAE0108: Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas (Nivel 2). A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses e a duración da xornada da contratación temporal será a tempo completo. Os contratos incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.