A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por CHOIVA nas zonas de A CORUÑA (Interior) e LUGO (Centro e Montaña) desde as 15.00h do día 6 de outubro ata as 00.00h do día 7 de outubro de 2026.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN de actividades no exterior, desde as 15.00h do día 6 de outubro ata as 00.00h do día 7 de outubro de 2026 en todos os centros comprendidos na zona de aviso entre os que se atopa o concello de Ames.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.
No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.





