Pestanas principais

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

Venres, 4 setembro, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido o día 04/09/2026 ás 11:17 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso AMARELO por TEMPERATURAS MÁXIMAS dende mediodía ata as últimas horas da noite dos días:

-VENRES 4: Amplíase o aviso, incluíndo o ámbito xeográfico PONTEVEDRA (Miño), acadando ata 34 graos.

-SÁBADO 5: Afectará ós ámbitos xeográficos de A CORUÑA (Noroeste, Interior, Suroeste) e PONTEVEDRA (Miño), onde se poderán alcanzar os 34 graos, e a LUGO (Centro, Sur) e OURENSE (Sur, Valdeorras, Miño), onde se poderán alcanzar os 37 graos.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.

Multimedia