Pestanas principais

Aprobación inicial do Plan de inspección municipal de actividades do Concello de Ames

Xoves, 14 marzo, 2024
De acordo co artigo 6 da Lei de Réxime Xurídico do sector público (LRXSP) publícase a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia e na páxina Web do Concello para a súa máxima difusión ao persoal e ao público en xeral durante un prazo de 15 días. Unha vez rematado o prazo de exposición pública sen que se teñan producidas alegacións entenderase esta resolución como definitiva.

O presente plan de inspección municipal ten por obxecto a realización das funcións inspectoras e da comprobación do desenvolvemento das actividades económicas, espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a apertura de establecementos públicos e en xeral calquera das actividades sometidas a licenza, comunicación previa ou declaración responsable, no Concello de Ames, co fin de mellorar a eficacia na vixilancia das funcións de control posterior no concello, así como establecer unha orde de  prioridades á hora da súa inspección.