Pestanas principais

Aprobación do prezo público de entrada da programación de cine

Luns, 17 abril, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, informa de que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 31 de marzo de 2023, aprobou o prezo público de entrada da programación de cine (longametraxes, curtametraxes, documentais e outros contidos audiovisuais organizados polo Concello de Ames nos auditorios das casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro). En cumprimento do citado acordo, mediante o presente anuncio dáse conta conta de que dito prezo será de 3 euros.

O Xunta de Goberno Local acordou que se realizará o cobro deste importe cando as películas non vaian especificamente dirixidas a un colectivo concreto ou formen parte dun programa determinado que, segundo o criterio técnico, precise de actividades gratuítas en auditorios municipais para cumprir os seus obxectivos.

Non se cobrará entrada cando sexan proxeccións en colaboración con outras entidades e estas esixan que a asistencia sexa libre e gratuíta ou esixan un prezo de entrada diferente. Atendendo a circunstancias especiais de persoas e colectivos que asistan as sesións cinematográficas, poderá substituírse a entrada por unha invitación exenta de pagamento nos casos que se estimen desde a concellaría que organice as sesións.

Coa finalidade de facilitar a asistencia e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos e a persoas menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas co carné xove e persoas demandantes de emprego.