- Tematica
O obradoiro de emprego “ForestaAmes-Brión” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión.
A especialidade a impartir é a de AGAR0208 REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVICOLAS (20 alumnos/as).
A distribución por concellos é a seguinte:
-Concello de Ames: 15 alumnos/as.
-Concello de Brión: 5 alumnos/as.
As actuacións a realizar son as seguintes:
-Tratamento das faixas secundarias na aldea de Trasouteiro.
-Tratamento das faixas secundarias na aldea de Aguiar.
-Repoboación na aldea de Covas.
-Actuacións en vías e camiños.
O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.