Luns, 10 xuño, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través de decreto de Alcaldía, informa sobre a tramitación de urxencia do procedemento “Escola de verán 2024”. O 2 de maio de 2024, mediante o Decreto 1377/2024, resolveuse o inicio do prazo de inscrición do servizo de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Ames “Escola de verán 2024”. Dito prazo de inscrición estivo aberto desde o 03/05/2024 ata o 20/05/2024, presentándose dentro deste prazo 509 solicitudes.
A través de dito decreto aplícase de oficio a tramitación de urxencia ao procedemento de admisión no programa de conciliación “Escola de Verán 2024”, reducindo á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos, polo que o prazo de subsanación para a presentación de reclamacións á lista provisional de admitidos e excluídos quedará reducido a 5 días hábiles.
Descargas: