Pestanas principais

Amplíase o prazo para inscribirse no "Nadal Lúdico 2021" ata o 4 de novembro

Martes, 26 outubro, 2021
O programa de conciliación da vida laboral e familiar "Nadal Lúdico 2021" amplía o prazo de inscrición ata o 4 de novembro de 2021. A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Nadal Lúdico 2021, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Para participar no programa é necesario que a unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2021 e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022. As familias poden escoller o programa completo ou por número de días, sempre que se apunten a un mínimo de 6 días (50% do programa) e estes sexan consecutivos. Os interesados/as deberán entregar a documentación a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica. Podes obter aquí o impreso de inscrición neste programa de conciliación.