Pestanas principais

Amplíase o aforo da Gala Máxica internacional, polo que, se poñen novas entradas á venda

Venres, 22 outubro, 2021
Debido á finalización do estado de emerxencia sanitaria, o aforo dos espectáculos das Casas da Cultura amplíase ao 100%. Deste xeito, a concellaría de Cultura informa que se poñen máis entradas á venda para as distintas sesións da Gala Máxica Internacional que se celebrarán o sábado 23 e o domingo 24 dentro da programación do Festival Internacional de Maxia de Ames.