Pestanas principais

Ampliación de horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas

Mércores, 13 decembro, 2023

O Concello de Ames informa de que por decreto de Alcaldía se autoriza a ampliación nunha hora (1 hora) os horarios xerais de peche con respecto ao establecido polas licencias, tanto para as terrazas como para os interiores dos establecementos hostaleiros de Ames nas seguintes datas:
-Día 23 de decembro (noite do 23 ao 24).
-Día 30 de decembro (noite do 30 ao 31).
-Día 6 de xaneiro (noite do 6 ao 7).

Ademais, autorízase a ampliación en dúas horas (2 horas) os horarios xerais de peche con respecto ao establecido polas licencias, tanto para as terrazas como para os interiores dos establecementos hostaleiros de Ames nas seguintes datas:
-Día 24 de decembro (noite do 24 ao 25).
-Día 31 de decembro (noite do 31 ao 1).
-Día 5 de xaneiro (noite do 5 ao 6).