Pestanas principais

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de Galicia dun episodio de vaga de calor

Mércores, 18 xuño, 2025
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de vaga de calor a partir do día 17 de xuño, de nivel 1 AMARELO (baixo risco). Este fenómeno afectará a toda Galicia ata o venres 20 de xuño, de maneira hetereoxénea nas diferentes zonas. Este aviso considérase válido ata a modificación no nivel de alerta nivel de alerta: nivel 1 (amarelo).

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícase que, en previsión destes feitos, se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de autoprotección que deben adoptar.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.

Multimedia