- Tematica
O departamento de Deportes reabre un novo prazo de inscrición nas Escolas deportivas municipais ao quedar prazas libres nalgunhas das actividades Nesta nova oportunidade poderán formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron nas primeiras quenda ou que quedaran excluídas desta. Tamén poderán anotarse aqueles/as aos/ás que xa se lles adxudicou praza noutra actividade (segunda actividade). Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.
Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, premendo aquí, e accedendo ao módulo “inscrición en clases”. Nesta ligazón atoparás as instrucións de funcionamento de Cronos.
Unha vez que, habendo prazas libres, se obtivera praza na plataforma, deberá xestionarse o pagamento solicitando a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación. Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.




