Pestanas principais

Adíase pola previsión meteorolóxica a masterclass de baile prevista para este sábado

Venres, 21 abril, 2023
Por mor das probabilidades de chuvia previstas para este sábado 22, a Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde decidiu aprazar a masterclass de danza que se ía a celebrar no Parque do Ameneiral (Bertamiráns) a partir das 17:00 horas, en colaboración don Danzaya. Próximamente anunciarase unha nova data para desenvolver a actividade.

A participación na iniciativa é de balde, e non se precisa inscrición. Trátase dunha clase multidisciplinar na que se van mesturar diferentes estilos de baile como son o baile moderno, a cumbia, o reggaeton ou o fitness. A continuación, a masterclass proseguirá cun taller de estilos urbanos onde os mestres guiarán paso a paso aos asistentes para realizar distintos movementos de baile moderno, hip hop e funky.

Seguidamente, haberá outra clase dirixida onde os participantes seguirán as indicacións dos mestres alternando diversos estilos. Tras esta clase serán os propios alumnos e alumnas de Danzaya os que farán unha exhibición de baile e danza. Para rematar a xornada de danza e deporte realizaranse diversas actividades para traballar a expresión corporal, a improvisación ou a fluidez á hora de bailar.