Pestanas principais

Adíase pola previsión meteorolóxica a actividade de caiac e laser tag do programa Trouleando

Mércores, 19 outubro, 2022
Por mor das altas probabilidades de chuvia previstas para este sábado 22, a Concellaría de Mocidade decidiu aprazar a xornada de caiac e laser tag organizada a través do programa Trouleando, que se ía celebrar na área recreativa de Agronovo, en Vedra. A nova data da actividade está aínda por definir e será anunciada próximamente.

O Concello de Ames avisa de que, debido ás inclemencias meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, queda adiada a primeira actividade do programa Trouleando organizada para este outono. Trátase dunha xornada lúdica na que pode participar a mocidade empadroada en Ames a partir dos 12 anos (persoas nadas no 2009), que pasará unha mañá xogando en grupos ao laser tag e posteriormente poderá disfrutar dun pequeno percorrido en caiac polo río Ulla. Haberá servizo de autobús dende os dous núcleos principais do concello.