Pestanas principais

Adíase o comezo do curso nas Escolas culturais e deportivas do Concello de Ames

Luns, 19 outubro, 2020
Por mor das restricións ditadas pola Xunta de Galicia para loitar contra a pandemia da COVID19 que entraron en vigor hoxe, 15 de outubro, ás 00:00, adíase o inicio do curso nas Escolas deportivas e culturais municipais que estaba previsto para o luns, 19 de outubro. O Concello pide desculpas aos usuarios e ás usuarias e informa de que se avisará, a través desta páxina web e das súas canles de redes sociais, sobre a data na que sexa posible comezar as clases.