Pestanas principais

Adíase a festa de Samaín prevista para o luns 31 de outubro en Bertamiráns

Venres, 28 outubro, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa da suspensión da festa de Samaín prevista para o luns 31 de outubro no aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns. Dita suspensión está motivada pola predición meteorolóxica que apunta choiva e vento para ese día. A nova data da festa será anunciada a próxima semana.

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, vai organizar a primeira festa de Samaín co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Haberá unha actuación musical para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Música Miúda, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.

Multimedia